EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bravo Lux da Rúa baixa a persiana tras doce anos de “atención ao cliente, eventos e karayada”

A xerencia deste establecemento rues anuncia o cese da súa actividade e convida a unha festa de despedida que terá lugar o sábado 12 de outubro

 

Os rumores do peche do Bravo Lux da Rúa é certo. O seu xerente, Javier Ferrer, fai público o fin de actividade pero sen dar creto a cantos bulos poidan estar correndo sobre os motivos que o levan a tomar esta decisión. “Ao principio, cando era máis mozo e collín o Bravo, moitos non se imaxinaron nunca que fose a durar tanto”, di Javier entre risas. Doce anos e medio de actividade intensa e unha constante e coidada atención ao cliente, avalan a súa traxectoria.

 

 

O Bravo Lux foi sempre moi versátil na oferta á clientela, “versátil como hai que ser cando se sobrevive como negocio nas vilas pequenas”. Foi cafetería, foi bar de tapeo cunha coidada referencia de viños, e tamén bar de tardeo con racións onde escoller. Pero sumado a isto, tamén foi Bar Musical, “organizando numerosos e variados eventos incluso en momentos difíciles cando case ninguén apostaba por actuacións novidosas e música en directo”. Por el pasaron monologuistas, grupos de música de pequeno e gran formato, personaxes míticos como foi ‘A calculadora humana’, celebráronse sesións de bailes de salón, bingos… e grandes sesións de música tecno, urbana, oitentera, etc. “Para a historia deste local quedará o paso de grandes artistas e DJ de talla nacional e internacional”.

 

 

Un emocionado Javier, “Karayán para os amigos”, afirma que “foron anos con momentos duros ás veces, pero con moitas satisfaccións. Ademais da boa recepción dos eventos que programaba quedarame para sempre que a clientela descubriume, non vou dicir como dj, pero si como bo seleccionador de cancións”, recoñece entre risas, dando as “grazas de parte miña e da familia a todas e todos os traballadores que pasaron polo Bravo, aos medios de comunicación que informaron dos nosos eventos e á clientela por acollernos tan ben e por formar un gran bar familiar co cal non estou triste por deixalo, pois grazas a el fixen moi bos amigos e amigas”. Nesta despedida, lanza tamén un desexo de que “lles vaia ben a todos os negocios que continúan e aos que vaian abrir no futuro”.

 

 

O xoves e venres organizaranse sesións de bingo con amenización do DJ Karayán para a sesión nocturna do venres e a “Gran Despedida” será o sábado 12 de outubro. Para ese día, o festivo da Pilarica, a partir das 20:30 horas a xerencia anuncia que “haberá pintxos a esgalla e moita música a cargo do anfitrión, Dj Karayán, e do seu amigo Motto inda House. “Pincharemos ata que o corpo aguante”, di Javier quen, despois de case trece anos co Bravo Lux, viu que era o momento de cambiar. “Estou ilusionado cun novo proxecto do cal espero darvos información en pouco tempo, pero por agora imos deixar terminar este e xa teredes noticias do que veña”, conclúe Javier na súa nota de despedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button