DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D Barco homenaxea ao Club Fluvial no partido contra o Alondras en Calabagueiros

Un membro do equipo de piragüismo facía o saque de honra na tarde do 12 de outubro

Como equipo e tamén individualmente, o Club Fluvial Barco ten logrado moito trofeos, dando moitas alegrías á poboación. Por iso dende o Centro de Deportes Barco, o club de fútbol da capital da comarca de Valdeorras, quixeron facerlle unha dobre homenaxe para pechar a tempada.

Primeiro foi a alusión nas novas camisetas do equipo que a directiva presentaba aos socios na asemblea celebrada o día 9, e hoxe facíano cun acto no campo de fútbol antes do encontro co Alondras.

Xogadores, corpo técnico e directivo do C.D. Barco e os membros do Club Fluvial Barco reuníanse sobre o céspede de Calabagueiros na tarde do 12 de outubro. Trala foto de familia, o presidente do Barco Daniel Ramos entregaba unha camiseta a un representante do Fluvial que de seguido facía o saque de honra.

Tras un minuto de silencio pola catástrofe provocada polas chuvias en Mallorca, comezaba o partido do que o Barco sacaba tres puntos máis.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button