
Conseguiuno. Tras un duro traballo e unha gran pelexa o CD Barco volve facer historia e xogará a final do play off polo ascenso a 2ª RFEF. Hai dous anos quedaba ás portas, perdendo na semifinal co Compostela pero esta vez, os rapaces de Javier Rey non fallaron e tras superar á UD Somozas no campo Vero Boquete de San Lázaro en Santiago, por 3 goles a 2, xogarán a gran final contra o outro equipo da provincia, o Ourense C.F.
A tarde do 1 de maio, na que desta volta os afeccionados si puderon acompañar ao equipo ata o campo, foi un momento histórico seguido de preto polos seareiros. En terras compostelanas o partido comezaba dun xeiro vibrante e era O Barco quen se adiantaba no marcador aos 3 minutos cun disparo de Óscar Martín dende a frontal que betu nun defensa aínda que pouco despois empataba o Somozas.

Co 1-1 chegaba o descanso e era de novo Óscar Martín quen volvía adiantar ao conxunto veremello no marcador. No minuto 57 Duque poñía o 3-1 pero no 86’ o Somozas volvía responder. Co 3-2 e sen tempo para máis o Barco selaba o pase á gran final.
Fotos e vídeos: Julio Quintas.