DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco rompe a imbatibilidade da U.D. Ourense

O primeiro derbi entre os dous conxuntos de terceira división saldábase co 3-0 en Calabagueiros

Esperábase unha gran entrada e malia que as bancadas non estaban cheas, centos de afeccionados desfrutaban na tarde do 25 de novembro, do derbi provincial de terceira división: C.D. Barco-U.D. Ourense. Un intenso partido no que ámbolos dous equipos pelexaron ata o pitido final que se decantaba do lado local, rompendo a xeira do conxunto ourensán, invicto ata hoxe.

Coas afeccións de ámbolos dous equipos animando, comezaba o partido correspondente á xornada 14 cos vintedous xogadores centrados no terreo de xogo. De feito, non sería ata o minuto 41 cando Ivi Vales adiantaba aos do Barco. Co 1-0 chegaba o descanso e na segunda parte máis do mesmo. Os dous equipos, que chegaban ao encontro dende a zona alta da clasificación, pelexaron por facerse co control do balón e non sería ata o minuto 90 xa no final do tempo reglamentario, cando Juanito transformaba un penalti, sendo el mesmo quen poñía o 3-0 final no marcador.

No apartado de tarxetas, o colexiado sacaba nove: catro amarelas para o Barco e tres amarelas e dúas vermellas (ao segundo adestrador e ao fisio) para o Ourense.

Con este resultado, O Barco sube un posto, situándose 4º con 27 puntos e o Ourense baixa dous ata o quinto con 26.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button