DeportesÚltima hora

O C.D. Barco segue sumando e xa é quinto

Co 1-0 no marcador remataba o encontro ante o Noia CF desputado en Calabagueiros
Bancada de Calabagueiros chea de afeccionados.
Bancada de Calabagueiros chea de afeccionados.
O porteiro local, Macía, en plena acción.
O porteiro local, Macía, en plena acción.
Xogada do Barco en Calabagueiros.
Xogada do Barco en Calabagueiros.

Non resultou doado. Nesta categoría e a estas alturas nunca o é. Pero equipo sénior do Centro de Deportes Barco segue sumando partido a partido, subindo postos na clasificación e xa é 5º, a so dous puntos da promoción de ascenso.

Os últimos tres puntos conseguíano na tarde do 21 de febreiro en casa, no Campo de Calabagueiros fronte ao Noia CF. Trala primeira metade do partido sen goles, no minuto 60 chegaba o tanto local, o único do partido, logo dun saque de esquina ao despexar un defensor un defensor visitante sobre a propia porta.

Afeccionados seguindo o partido.
Afeccionados seguindo o partido.
Adil salta para despexar o balón.
Adil salta para despexar o balón.
Banquiño do Centro de Deportes Barco.
Banquiño do Centro de Deportes Barco.
Afección nas bancadas de Calabagueiros.
Afección nas bancadas de Calabagueiros.
O público levántase para seguir o encontro e facer fotos.
O público levántase para seguir o encontro e facer fotos.

Así, pola mínima, os rapaces de Javi Rey sumaban tres puntos de ouro e xa van 39, un por riba do Vilalvés e o Bouzas, a dous do Fabril e a dez do líder o Cerceda que visitará O Barco o vindeiro 6 de marzo.

Coma sempre, a afección respostou á chamada do club, seguindo con atención o encontro dende as bancadas e tamén a pé de campo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button