Despois dun empate e unha derrota, á terceira foi a vencida e o C.D. Rúa sumaba na tarde do 22 de setembro a primeira vitoria da tempada.
Máis tarde do habitual, ás seis e media deste domingo comezaba no campo rues Vicente Solarat Maceda, o partido correspondente á terceira xornada en segunda autonómica que enfrontaba ao C.D. Rúa e o Leiro C.F. Malia os intentos por parte do equipo local, dirixido por Luis María Ferrer, a defensa do Leiro freaba todo avance dos amarelos. Os visitantes tamén tiñan as súas oportunidades, pero sen resultado, chegando ao final da primeira parte co empate a ceros no marcador. Tralo paso polo vestiario a cousa seguía igual e habería que esperar ata o minuto 90 para que Lora puxese o 1-0 definitivo.

Con esta vitoria pola mínima o C.D. Rúa suma xa catro puntos, situándose no sétimo posto da clasificación. A vindeira xornada levará aos amarelos ata o campo do Toén, penúltimo clasificado.
Fotos: Mónica G. Bellver.