Despois dos dous últimos empates a domicilio (a ceros no campo do Velle e a dous no do Bande), os rapaces do C.D. Rúa afrontaban o partido da 6ª xornada de liga en primeira autonómica coa necesidade de gañar, e así foi.
Pola mínima e sufrindo ata o final, na tarde do 11 de outubro o club rues sumaba tres puntos máis en casa, no campo do Aguillón, ao vencer ao Maside co gol de Adrián no minuto 34.
Os visitantes tentaron unha e outra vez traspasar a portería de Ferrer, e pelexaron duro en inferioridade numérica (o porteiro era expulsado) pero a sorte non estivo da súa parte e finalmente o colexiado pitaba o final do encontro co 1-0 no marcador.
Con este resultado o Club Deportivo Rúa sitúase no noveno posto da clasificación á espera do seguinte partido no campo do Cortegada.
Fotos: Mónica G. Bellver