En portadaÚltima hora

O Camiño de Inverno, protagonista dun dos 6 novos intercambios Eramus+ promovidos por Valdeorras Vive

A Asociación Xuvenil Valdeorras Vive segue apostando por fomentar o intercambio de experiencias entre estudantes europeos. Así esta entidade está a organizar un gran número de movilidades Erasmus+ durante este ano 2024. “A primeira destas oportunidades de formación internacional chegou en marzo, nun curso de formación en Hungría sobre saude mental, e durante o mes de abril será a quenda de dous intercambios xuvenís en Estonia e Romanía, que versarán sobre a integración de minoriais culturais e o empoderamento da xuventude do rural, respectivamente”, explican dende a a asociación.

Durante o mes de maio está programado un curso de formación sobre emprendemento rural destinado a educadores, profesores e traballadores xuvenís, que se desenvolverá na aldea de Peñalba de Santiago no Bierzo, e xa no mes de xullo, terán lugar un intercambio xuvenil percorrendo o Camiño de Inverno dende Ponferrada ata O Barco, ao mesmo tempo que outro curso de formación en un lugar tan lonxano como Armenia.

Como é habitual, neste tipo de movilidades Erasmus+ os participantes terán a oportunidade de convivir e aprender en inglés, en entornos internacionais e con xóvenes de países moi diversos. Os custos da experiencia (transporte, aloxamento e actividades) están cubertos polo programa Erasmus+.

Valdeorras Vive conta coa acreditación Erasmus+ en xuventude ata o ano 2027, o que nos permite ofertar de maneira regular este tipo de oportunidades de formación xuvenil.

Para poder participar requírese un nivel suficiente de inglés, interese pola temática ofertada e cubrir o formulario da súa paxina web: www.valdeorrasvive.org

Artigos relacionados

Back to top button