Nesta xornada de 27 de xullo os 25 nenos e nenas que participan no Campamento “Peque Actividades” do Concello de Carballeda de Valdeorras, xunto cos seus monitores, están de excursión en Trevinca. Tras saír de Sobradelo pola mañá, chegaban a Fonte da Cova, onde tiñan previsto xantar no Hotel Pena Trevinca e pasar o día na alta montaña galega. Iso si, cumprindo en todo momento, as medidas sanitarias fronte ao Covid.
Esta excursión é unha das múltiples e variadas actividades que se desenvolven no marco deste campamento infantil de verán, que se iniciaba a finais de xuño e que continuará ata rematar o mes de agosto.
Ademais de actividades deportivas, lúdicas e de lecer, tamén se inclúen saídas e propostas formativas.
Fotos cedidas polo Concello de Carballeda de Valdeorras.