DeportesÚltima hora

O campionato de petanca “Festas do Cristo” chega á V edición

Será o 16 de setembro na pista do Chao, no Barco, en horario de mañá e tarde

Un momento do campionato na pasada edición. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A pista de petanca do Chao, no Barco de Valdeorras acollerá o sábado 16 de setembro o V campionato de petanca “Festas do Cristo” que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, de nove e media a dúas e dende as catro ata o remate en función do número de tripletas participantes.

As incricións poden facerse na propia pista en horario de tarde a partir das 17 horas e tamén no teléfono 627 507 456, ata completar as 24 tripletas.

Haberá premios para o 1º, 2º e 3º clasificado por tripleta e como premio de consolación ao resto de participantes, unha botella de godello.

A competición esta organizada polo Club Petanca Valdeorras en conta coa colaboración do Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button