DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Campus Ourense Rugby vai sumando xogadores ao plantel de cara á nova tempada

De momento anunciaron sete novas incorporacións, nacionais e estranxeiras

En setembro, o Campus Ourense Rugby comezará a súa terceira tempada consecutiva na división de honra B e para iso, leva xa uns días presentando ás novas incorporacións ao plantel.

As primeiras fichaxes anunciadas foron as de Joseph “Joe” Marston, de 29 anos e procedente do CDUK Portugal que xa xogara en Ourense na tempada 2016/2017; e Rubén Sueiro, lalinense de 27 anos, talonador e terceira flanker.

Despois tocoulle o turno a Luis Miguel Garnil Rielo e Pablo Fernández González. Luis ten 27 anos e procede do Keltia onde xogaba na terceira liña de flanker despois de competir en loita. Pablo pola súa banda, ten 21 anos e vén do RAC Lobos de Segovia aínda que xa estivera en Ourense entre o 2011 e o 2014.

As dúas novas fichaxes internacionais son Sam Shearer, xogador neozelandés que que vén para reforzar a liña de tres cuartos do Campus Universitario Ourense; e Zach Clarke, tamén neozelandés, dianteiro de 23 anos, bo portador do balón, touches e defensa.

Os últimos nomes ata o momento son Miguel Blanco Fernández de 22 anos e provinte do Keltia (anteriormente xa estivera no Ourense); e Reuben Spicer, xogador de 22 anos con experiencia no rugby neozelandés tendo formado parte da Academia dos Crusaders, “na que se forman xogadores con talento que despois poden recalar no rugby profesional”, explican dende o club ourensán.

 

Artigos relacionados

Back to top button