ConcellosÚltima hora

O Carballiño abre as Xornadas de Arquitectura sobre Daniel Vázquez Gulías

Convértese en vila de acollida de arquitectos, urbanistas, historiadores e deseñadores
Deron comezo as Xornadas de Arquitectura sobre Daniel Vázquez-Gulías no Carballiño.
Deron comezo as Xornadas de Arquitectura sobre Daniel Vázquez-Gulías no Carballiño.

O Concello do Carballiño inauguraba na mañá do 14 de outubro as Xornadas Monográficas de Arquitectos adicadas a Daniel Vázquez-Gulías. Durante dúas xornadas, a vila acolle a arquitectos, urbanistas, historiadores e desñadores para afondar na análise deste persoeiro e da súa obra. O obxectivo desta programación é poñer en valor o patrimonio arquitectónico que leva o selo deste veciño da comarca. Así quedou de manifesto no acto inaugural, no que participou Lucila Vázquez-Gulías, presidenta do Centro Cultural que leva o nome do arquitecto. A institución é a organizadora da iniciativa, xunto co Centro de Estudios Chamoso Lamas.

A presidenta do colectivo aproveitou a ocasión para facer un chamamento e evitar que desaparezan obras significativas deste autor como o Hotel Roma de Ourense ou o antigo Hotel Balneario de A Toxa. Así, indicou que a idea destas xornadas é concienciar á xente sobre a pervivencia do legado patrimonial e cultural. Tamén o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, intervíu na inauguración das xornadas, onde destacou a importancia da arquitectura resaltando a construcción do Gran Balneario da vila, inaugurado en 1900, que impulsou a localidade como unha das principais estacións termais de Galicia.

No acto tamén participaron outras autoridades como o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, o presidente da delegación en Ourense do Colexio de Arquitectos, Alberto de Paula, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. As ponencias e os debates estenderanse até mañá, sábado 15 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button