OurenseÚltima hora

O Carballiño abrirá mañá as súas piscinas municipais cun control de aforo

O céspede estará delimitado en cuadrículas para que os usuarios poidan dispoñer de espazos acotados

As piscinas municipais do Carballiño comezan a tempada de verán mañá, sábado, 20 de xuño, e farano cun control de aforo para garantir as medidas de separación e seguridade. Para isto, o céspede estará delimitado en cuadrículas, co obxectivo de que os usuarios poidan dispoñer de espazos acotados coa debida separación para evitar posibles contaxios.

 

Piscinas municipais do Carballiño.

 

“Aínda con este control de aforo, non se prevé que haxa problemas de entradas, pois a cota máxima de usuarios nun só dia en anos anteriores foi de 700 persoas, e o aforo permitido, tendo en conta todas as normas de separación, supera amplamente os 1.000 usuarios”, afirman dende o Concello.

O horario de apertura será de 11:00h. da mañá a 20:30h. da tarde, de xeito ininterrompido, durante todos os días da semana. Sen embargo, debido á limitación do aforo, non haberá cursos de natación.

Artigos relacionados

Back to top button