CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O carro de Don Gelati fai as delicias dos barquenses na praia fluvial do Malecón

Cargado de xeados e desexo de repartir sorriso, o carriño de Don Gelati (Dani García) chegaba na tarde do 12 de setembro á praia fluvial do Barco, onde o agardaba un numeroso público de todas as idades.

 

 

A pesar dos diversos imprevistos aos que tiña que afrontarse para desenvolver a súa tarefa como vendedor de xeados, con enxeño, doses de maxia e moito humor conseguía levala a cabo con éxito.

Esta actuación teatral ao aire libre, duns 50 minutos de duración, estaba enmarcada no programa cultural “O Cristo 2020” do Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button