Entroido 2024OurenseÚltima hora

O carro do Meco volve percorrer As Teixugueiras (Cartelle) neste 2024

 

Tras cobrar forma na tarde do Luns do Entroido a golpe de machada, o Meco, nesta ocasión “Rubiales” convertíase en protagonista na xornada do 13 de febreiro nas Teixugueiras (Cartelle). A partires do mediodía era paseado nun carro tradicional, reforzado con ferro para poder resistir toda a viaxe, e a cuxo cabezallo se lle ataba unha corda grosa para que os mozos se puideran agarralo e ir tirando del.

 

 

O traxecto resulta sempre accidentado xa que os mozos doutras aldeas tratan de tirar del para levalo para as súas casas. Neste percorrido o Meco está acompañado polos Peliqueiros, que, cun vimbio na man, tratan de persuadir aos que pretenden afastar o carro da ruta.

Ao rematar non faltou a comida e a bebida para repoñer forzas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button