ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Carrusel do Nadal, a gran novidade destas festas no Barco de Valdeorras

Estará do 16 de decembro ao 7 de xaneiro na praza do Concello

 

No Nadal manda a tradición. Así de rotunda se amosaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do programa do Concello para estas datas, acompañada pola concelleira de Turismo Alba e o alcalde Alfredo García.

Unha programación na que fiel a esas tradicións, destacan os festival de panxoliñas e Nadal tanto do Conservatorio e Escola de Música como do Orfeón Valdeorrés, un ciclo especial de cine coa proxección da saga El Señor de los Anillos e a gran novidade deste ano, o Carrusel de Nadal que estará na praza do Concello durante as festas, aberto en horario de mañá e tarde.

 

 

Como cada ano era o acendido da iluminación, da que o alcalde está especialmente orgulloso asegurando que “superou con creces as expectativas dos veciños”, o que marcaba o inicio do Nadal do Barco. Despois viña o obradoiro de arte floral e xa na fin de semana do 16 e 17 de decembro, unha nova edición do Mercado de Nadal cunha trintena de postos de artesanía e alimentación, así como actividades paralelas como unha cata e atraccións para os nenos, en horario de mañá e tarde na praza do Concello. Esta fin de semana porase en marcha o Carrusel de Nadal, en colaboración do CCA O Barco que estará ata o 7 de xaneiro e abrirá todos os días de mañá e tarde.

 

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

 

O 16 de decembro será o Concerto de Nadal do Orfeón Valdeorrés (20 horas no Teatro Lauro Olmo) e o 20 o do Conservatorio, á mesma hora e no mesmo lugar.

O 22 será a quenda da Carreira do Turrón (19:30h. a infantil e 20h. a popular) dende a praza Andrés de Prada e tamén da apertura do parque de xogos con inchábeis ata o 2 de xaneiro no pavillón vello, despois trasladaranse ao pavillón de Calabagueiros ata o 7 de xaneiro.

 

A concelleira de Turismo, Alba Rodríguez.

 

O 27 de decembro a Real Banda de Gaitas dará un concerto o na igrexa de Santa Rita (18h.) e haberá un espectáculo de sombras chinescas no Teatro Lauro Olmo (20h.)

O 29 estará o Apalpador na Biblioteca Municipal FDG a partir das 18h. e xa no 2024, o día 5 terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis que sairá ás 18h. dende a Estación de Autobuses. As inscricións para participar tanto nenos como adultos estarán abertas a partir de mañá na biblioteca. De luns a venres de mañá  e tarde e o sábado pola mañá ata completar aforo (nenos de 4 a 10 anos, 6 por carroza; de 11 a 21 anos, 6 paxes por carroza; e gardas reais, 10 por carroza).

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button