Nova cita coa Carreira Popular dos Santiños no Barco o vindeiro 5 de novembro. O cartel da proba, prevista a partir das 11h., vén de darse a coñecer e homenaxea ao atleta veterano valdeorrés Paco Bao. Esta competición conta cun circuíto homologado duns 5 km, todo chairo e urbano. Ademais nesta 15ª edición seguirá tendo un carácter benéfico, coa recollida de xoguetes solidarios para a Cruz Vermella.
Esta iniciativa será novamente promovida polo Club Adas Cupa en colaboración co Concello e da a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras, e as inscricións poden realizarse en https://www.carreirasgalegas.com/. Ademais da carreira de absolutos e Sub16, cuxa saída se dará ás 11h., o programa deste evento deportivo tamén inclúe probas das categorías base (prebenxamín, Sub10, Sub12, Sub14.).