
Logo da excelente acollida do pasado verán, no vindeiro mes de xullo O Castrillón de Larouco será escenario dun novo campo de voluntariado medioambiental e arqueolóxico, que incluirá, entre outras actuacións, sondaxes arqueolóxicas na contorna deste impresionante xacemento prerromano; a colocación de caixas-niño; unha limpeza manual da zona do asentamento e un estudo da fauna e flora da contorna.
Este campo de voluntariado está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos de idade e conta cun total de 15 prazas. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo e será o único da comarca de Valdeorras.
Este será un dos 9 campos de voluntariado que se desenvolverán este verán na provincia de Ourense. Con estas iniciativas preténdese fomentar o lecer educativo saudable e seguro das mozas e mozos durante a temporada estival e, á súa vez, amosar o respecto que o patrimonio e a natureza merece e precisa mentres se contribúe á súa conservación e mellora.
Máis información e solicitudes en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/8841-oferta-campos-de-traballo-en-galicia-2021