Tras activarse onte o nivel de alerta por desbordamento, o caudal do río Sil ao seu paso pola vila do Barco volvía esta mañá a niveis normais, segundo os últimos datos publicados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
As marcas deixadas polo descenso da auga apreciánse en diferentes puntos como a zona do Porto da Barca, no casco antigo da vila. Ademais tamén comezaba a verse unha pequena parte da praia fluvial do Malecón, onte totalmente cuberta.
Descende tamén o caudal de ríos que desembocan no Sil na vila como é o caso do Cigüeño.
