EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco celebra o Día do Pai regalando camisetas e co sorteo dunha ‘Experiencia Valdeorras’

 

Tal como estaba previsto, na mañá deste venres 18 de marzo a asociación Centro Comercial Aberto O Barco instalaba unha mesa na praza do Concello, para levar a cabo a súa campaña ‘Con P de Pai’ que propón o sorteo dunha ‘Experiencia Valdeorras’ entre os clientes dos seus establecementos asociados.

Este premio inclúe unha visita a unha adega do Barco de Valdeorras (a elixir entre Godeval, Roandi ou Virxe de Galir); unha comida ou cea nun dos restaurantes do CCA O Barco (a elixir entre Casa Galaica, Fernando III e Piquiño); e un descenso en kaiak polo río Sil coa empresa Vía Nova Aventura; todo iso para dúas persoas.

Para participar no sorteo, os clientes tiveron que depositar os seus tickets de compra correspondentes ás compras realizadas do 14 ao 18 de marzo nos establecementos asociados ao CCA O Barco, na urna instalada na mesa onde, de forma paralela, regalan aos participantes no sorteo camisetas do Día do Pai de campañas correspondentes a anos anteriores (ata esgotar existencias). A mesa volverá instalarse pola tarde, de 17 a 20 horas.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button