ConcellosO BarcoÚltima hora

O CCA O Barco recupera este venres as actividades da X Noite Branca canceladas pola chuvia

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro venres 30 de xuño o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco recuperará as actividades da X Noite Branca que tiveron que ser canceladas por mor da choiva do 16 de xuño. Faranse en horario comercial de 17:30 a 20:30 horas, na praia fluvial do Malecón do Barco de Valdeorras.

O CCA O Barco instalará unha caixa máxica, un cubo de tres metros de alto por tres metros de ancho pechado e cheo de globos, con premios e agasallos. Os clientes poderán acceder ao interior cun tícket de compra con data do 16 de xuño (data na que se celebrou a Noite Branca) ou do 30 de xuño (cando terán lugar as actividades da campaña) para elixir un globo que poderá ter o non premio.

Os premios consisten en agasallos doados polos establecementos asociados e en vales de compra aportados pola propia asociación comercial. A maiores, e completamente de balde, haberá un fotomatón, pintacaras infantil e maquillaxe para adultos no mesmo recinto, na praia fluvial do Barco de Valdeorras.

O CCA O Barco retomará tamén os premios a aqueles que veñan vestidos de branco, cunha prenda de roupa de cor branca, e presenten un tícket de compra con data do 16 ou do 30 de xuño. Os clientes levaranse un vale por unha consumición gratuíta (importe máximo 2€) para investir nos establecementos hostaleiros asociados.

Dende o CCA matízase que a asociación entregará “1 globo por persoa na caixa máxica e 1 vale de consumición de balde por persoa, independentemente do número de  tíckets de compra que teña o cliente”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button