CD ArenteiroDeportesFútbolÚltima hora

O CD Arenteiro vence ao Valladolid e mantense na zona alta da clasificación

Co 1-0 remataba o partido de 2ª Federación disputado no Campo de Espiñedo, no Carballiño

 

Con tres empates e catro vitorias no que vai de liga, o CD Arenteiro sitúase na zona alta da clasificación, en Segunda Federación, moi lonxe dos postos de descenso nos que estivo boa parte da pasada tempada.

 

O presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes (dereita).

 

O equipo de Fran Justo foi de menos a máis na súa primeira campaña na liga nacional e nesta segunda, estase consolidando.

 

 

Os verdes do Carballiño lograban a última vitoria na tarde deste domingo 16 de outubro en casa, no Campo de Espiñedo, ante o Real Valladolid Promesas (segundo clasificado), grazas ao solitario gol de Delage no minuto 26. Un partido intenso e igualado que finalmente se decantaba do lado dos galegos que suman tres puntos máis e pechan a xornada no 3º posto, empatado a puntos co segundo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button