Xa é unha tradición que os veciños da SD Ponferradina se acheguen ata O Barco de Valdeorras para disputar un partido amigable durante a pretempada. De feito, tampouco este ano faltaron á cita en Calabagueiros e na tarde deste mércores 8 de agosto, os dous conxuntos saltaban ao terreo de xogo, acompañados pola afección que tampouco deixaba só ao equipo que perdía 0-3 ante o equipo de Segunda División.

E así, cun partido de nivel remataba o CD Barco unha intensa pretempada na que disputaban sete partidos con resultados moi varidos. Empataba a ceros co Atlético Arnoia e tamén co Astorga, e a 2 co Atlético Bembibre; perdían 1-4 ante o CD Arenteiro (que se levaba o Trofeo Miguel Fariñas); vencían 5-0 ante o Ponferradina B e 0-2 ante a UD Ourense; perdendo finalmente ante o Ponferradina.
Cos deberes máis ou menos feitos, Javier Rey e os seus rapaces comezarán a liga en Terceira División o vindeiro sábado 11 de setembro, en plenas festas do Cristo, nun partido ante o Silva SD que comezará as 19 horas en Calabagueiros. Ese día darase a coñecer ao autor do himno do CD Barco.

Dende o club lembran que os puntos de recollida de carnets express son Frutería Fina e Mar, Churrería La General e Perruquería Nilo.
Fotos: Julio Quintas.