En casa e cunha contundente vitoria. Así se estreaba o filial do Barco na Terceira Futgal, na tarde deste sábado 21 de setembro.
No Campiño de Viloira era máxima a expectación para ver o primeiro partido de liga do CD Barco B, o equipo adestrado por Ricardo Prada, que non defraudaba. Anderson adiantaba aos vermellos cun primeiro tanto no minuto 23 e despois serían os visitantes os que anotaban en propia meta poñendo o 2-0 no marcador. Con todo a guinda á tarde de sábado poñíaa Michel que transformaba un penalti favorable ao Barco rematando o encontro do 3-0.


Con este resultado os barquenses sitúanse na cabeza da clasificación esperando xa o primeiro desprazamento ata o camo de A Costoira para enfrontarse co CD Moreiras.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.