CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco cae en Calabagueiros ante o Rápido de Bouzas

Co 0-3 remataba o encontro disputado na tarde deste 5 de febreiro, unha hora despois do previsto por mor dunha urxencia sanitaria allea ao encontro

 

Cunha hora de retraso por mor dunha emerxencia sanitaria allea ao campo, comezaba en Calabagueiros o partido correspondente á xornada 19 en terceira división que enfrontaba ao CD Barco (11º) ao Rápido de Bouzas (4º). Un encontro que se lles escapaba das mans aos barquenses igual que os tres puntos en xogo, ao caer 0-3.

 

CD Barco.
Rápido de Bouzas.

 

A primeira metade resolvíase co empate a ceros, tras un toma e daca por parte de ámbolos dous equipos, pero nada máis comezar a segunda, os vigueses adiantábanse no marcador co primeiro gol da tarde. O segundo chegaba catro minutos despois no 52′ e o terceiro tamén dos visitantes, no minuto 66.

 

 

Para este partido O Barco contaba xa coas novas fichaxes (Hormiga e Concheiro) pero tamén coa baixa dunha peza clave, Rodri Alonso, baixando ata o posto 12º da Terceira RFEF con 21 puntos.

O seguinte partido para o valdeorreses será no campo do Viveiro CF (7º clasificado).

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/retrasase-unha-hora-o-comezo-do-partido-do-cd-barco-rapido-de-bouzas-por-unha-emerxencia-sanitaria/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button