CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Retrásase unha hora o comezo do partido do CD Barco-Rápido de Bouzas por unha emerxencia sanitaria

 

O comezo do partido de fútbol previsto para as 17:15h. desta tarde no campo de fútbol barquense de Calabagueiros, no que se enfrontaban o CD Barco e o Rápido de Bouzas, retrasábase unha hora debido a unha emerxencia sanitaria. O campo tiña que estar libre co fin de que puidera aterrar un helicóptero do 061-Urxencias Sanitarias para facer un traslado urxente.

Así ata o estadio desprazábase unha ambulancia, a Policía Local, a Garda Civil e o GES Valdeorras para facilitar ese traslado urxente.

Así, finalmente, o encontro comezaba sobre as 18:10h.

Artigos relacionados

Back to top button