CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco comeza a segunda volta da liga en Preferente cun novo empate en Calabagueiros

Co 1-1 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 14 de xaneiro contra o Xuvenil Ponteareas

 

A vitoria segue sen deixarse ver para o CD Barco que vén de sumar un novo empate no inicio da segunda volta da liga na Preferente Sur, desta volta ante o Xuvenil Ponteareas, no campo municipal de Calabagueiros.

Na tarde deste domingo 14 de xaneiro, os rapaces de Lino Estévez saltaban ao terreo de xogo conscientes na necesidade dunha vitoria para seguir loitando pola permanencia na categoría, pero tampouco hoxe podía ser. Os vermellos intantárono, con boas xogadas e chegadas á portería rival pero eran os pontevedreses os que se adiantaban no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 21.

 

 

O tanto caía como un xarro de auga fría malia a cálida temperatura da tarde no campo de fútbol barquense chegando ao descanso co 0-1. Tralo paso polo vestiario repetíase a dinámica pero á inversa e tralos cambios pertinentes no banquiño barquense entraba Juanito Bazo que marcaba o gol do empate no minuto 83.

 

 

Con este resultado o CD Barco suma o décimo empate no que vai de tempada e mantense, por moi pouco, fóra dos postos de descenso. A seguinte cita será no campo do faroliño vermello, o Alertanavia.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button