Cunha vintena de fichas que mesturan experiencia e xuventude, e un completo corpo técnico, o CD Barco está inmerso na tempada 2022/2023 de Terceira RFEF, a liga do regreso á normalidade na que cumprirá o 50º aniversario.
Tralas dúas primeiras xornadas, con resultado negativo (0-1 ante o Arousa e 3-1 ante o Estradense), os rapaces de Javier Rey teñen nesta terceira xornada unha importante cita en Calabagueiros ante o Arzúa que vén de vencer 2-0 ao Vilalbés. O partido comezará ás 17:30 horas.