CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

O CD Barco expón os trofeos e copas conseguidos polo club ao longo dos seus 50 anos de historia

 

Placas, medallas, copas (entre elas a da Xunta de Galicia de 1989),… Son moitas os trofeos conseguidos polo Centro de Deportes Barco ao longo dos seus 50 anos de historia e dende hoxe toda a poboación poderá velos. No marco do 50º aniversario do club, a directiva presidida por Nilo Ramos vén de preparar unha completa e chamativa mostra con máis de 200 pezas para desfrute dos veciños.

 

 

É a primeira vez que se pon en marcha unha iniciativa deste tipo e o presidente asegura que tiveron que facer unha selección porque había moito material e pensa que resultará atractivo para os afeccionados e para a poboación en xeral. “O baixo do campo de fútbol estaba cheo pero moito material está deteriorado polo que eliximos o mellor conservado. Penso que á xente lle pode facer ilusión velo porque podían saber que estaba pero nunca o vira”, asegura Nilo, destacando a ubicación da exposición, no baixo do Miranda M ubicado na esquina da rúa da Estación con Conde Fenosa, en pleno centro do Barco de Valdeorras.

 

 

“Cando xurdiu a idea tiñamos claro que tiña que ser nese local polo chamativo da ubicación”, asegura Nilo, destacando que a prepararon a pasada noite e na mañá deste venres 21 de xullo xa chamaba a atención dos viandantes. Espérase que esté aberta ata alomenos final de ano.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.
Vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button