CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco imponse ao Porriño Industrial e suma a 2ª vitoria da tempada na casa

Co 3-1 remataba o encontro disputado na tarde do 1 de outubro no campo municipal de Calabagueiros

 

Cos xogadores no terreo de xogo amosando a pancarta de apoio aos traballadores de Irosa e Samaca arrancaba na tarde do domingo 1 de outubro o partido da cuarta xornada de liga en Preferente Sur entre o CD Barco e o Porriño Industrial.

Disputado no campo municipal de Calabagueiros nunha calurosa tarde, era o capitán do Barco, Rubén García, quen adiantaba aos locais no marcador cun temperán gol no minuto 3. Co 1-0 chegaba o descanso e non sería ata o minuto 51, xa na segunda parte, cando empataban os pontevedreses. Tres minutos despois Pazos marcaba o segundo gol para o Barco e no 64′ Ibrahim sentenciaba o encontro co terceiro gol vermello.

Con este resultado o CD Barco sitúase no 5º posto da clasificación empatado a puntos co 4º, co Portonovo. A seguinte cita será de novo en casa, contra o CD Velle.

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button