CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco presentará o seu álbum de cromos o 21 de marzo no Campiño de Viloira

Haberá música e mesas doces para os nenos do club, e contarán coa presenza dos xogadores do primeiro equipo

 

A presentación do álbum de cromos do 50ª aniversario do CD Barco xa ten data. Será o xoves 21 de marzo no marco dunha festa que se celebrará a partir das 19:30 horas no Campiño de Viloira, e que incluirá música e mesas doces para todos os nenos que pertencen ao Centro de Deportes Barco.

Ese día haberá tamén unha oferta de presentación de 25 euros por 23 sobres e ningún repetido para que os nenos poidan facer xa no momento gran parte da colección “sen que aos papás lle suba moito o custo de acabar o álbum”, explica o presidente  do club, Nilo Ramos, destacando que ese día darán un álbum personalizado a cada neno, contando coa presenza dos integrantes do primeiro equipo para asinalos.

 

 

O prezo despois será de 1,20 euros cada sobre e dende o club fan un chamamento ás librerías “para que nos boten unha man na venda da colección xa que a recadación irá destinada á compra de material da base”, explica Ramos.

 

 

“50 anos con vos. Pasado, presente e futuro” é unha colección moi especial que fai un repaso polos 50 anos de historia do club, con fotos inéditas como a maqueta de construción de Calabagueiros nos anos 70 ou o entablillado do campo actual. Consta de 365 cromos e “sorprende unha vez máis pola súa alta calidade, sendo a empresa galega Cromogal a súa creadora”, di o presidente, agradecendo a Julio Pérez Veiga “o seu bo facer no apartado de redacción do álbum” e como non “a todos os nosos patrocinadores xa que sen eles e a súa axuda ao longo do ano non podría ser posible (Concello do Barco, Deputación de Ourense, O Barco CCA, Reformas y Construcciones Pacio, C.R.D.O. Valdeorras, 13/14, Cufa, Méndez Odontología, Sergal, Paladium, Churrería A General, A horta de Fina e Mar, Cepsa, Muebles de la Fuente, Las Recetas de la Abuela, Telepizza, Castañas Moral, Mahou, Exclusivas Morales, Grafitos Barco, Garelec, Cupa, Samaca,…)”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button