CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco rendirá homenaxe a Fernando García no partido do 10 de marzo ante o Ribadumia

Será tamén o día do club e convidarán aos asistentes a unha pancetada

 

O pasado 28 de febreiro o Centro de Deportes Barco vestíase de loito polo falecemento de Fernando García Salvador, un home cunha “longa vinculación persoal e de apoio constante ao club”, pai de Nando (porteiro, delegado e actualmente preparador de porteiros) e sogro de José Antonio “Gaso”, que exerce como delegado do club. Pero será na vindeira xornada de liga en casa, o domingo de 10 marzo, cando se despidan del cunha sentida homenaxe.

Será no campo municipal de Calabagueiros onde, antes de comezar o partido ante o Ribadumia previsto para as 16:45 horas, se lle fará entrega dun ramo de flores aos familiares, gardando un minuto de silencio en sinal de duelo.

Tamén será o día do club e “convidarase a todos os asistentes a unha pancetada gratis porque estamos moi seguros de que sería o que máis lle gustaría ao noso directivo, Fernando García, vernos a todos xuntos e unidos. Vai por ti mestre!”, adianta o presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

Artigos relacionados

Back to top button