
Os partidos amigables serven aos equipos para testar a forma física dos xogadores e o nivel tanto técnico como táctico, pero este ano ao CD Barco complicouselle o calendario de pretempada debido á pandemia, cunha onda de brotes especialmente activa no Barco de Valdeorras.
“Temos apalabrado un partido no Bierzo contra o Bembibre e a nosa intención, antes de que comece a liga o día 18, é facer un par de partidos máis, un deles no Barco, pero hai que cumprir cunha serie de requisitos, con protocolos e demais que dificultan a posibilidade de que se dispute ese partido pero a pesar diso o club está traballando para pechar algún máis”, explicaba hai uns días o míster Manolo Pérez. E onte por fin o club vermello anunciaba a data para o partido ante o Atlético Bembibre. Será mañá, domingo 4 de outubro, ás 18:30h. no campo da Devesa, na localidade berciana. “Gran proba ante un equipo que disputou o play off de ascenso”, din dende o o Bembibre, lembrando que o aforo será limitado.
Nas sús redes sociais, o presidente do Barco, Nilo Ramos aseguraba, publicando imaxes de probas de covid negativas, que o equipo estaba listo para o partido.