DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín cae 1-3 ante o Monterrey CF na tarde deste Domingo de Pascua

 

Tras unha Semana Santa pasada por auga, na xornada deste Domingo de Pascua a chuvia daba unha tregua para desfrutar das procesións do Encontro e tamén do fútbol.

A un animado partido entre o CD Córgomo Vilamartín e o Monterrey CF asistía a afección que enchía unha vez máis o campo do Bañadoiro aínda que o resultado non era favorable para os locais, que suman a terceira derrota consecutiva.

 

 

A primeira parte remataba co 0-3 no marcador (goles marcados nos primeiros vinte minutos de xogo) e rematando xa o segundo tempo (minuto 90) Reguera anotaba para o Córgomo que quedaba sen tempo para máis pitando o final deste partido da xornada 31 na Primeira Futgal co 1-3.

Así e todo, a falta de tres partidos para o final de liga os de David Pérez mantéñense na metade superior da táboa, no 8º posto, con 47 puntos.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button