DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín cae en casa ante o Atlético Vilariño

Co 2-3 remataba un intenso partido disputado na tarde deste domingo 21 de xaneiro no Campiño de Viloira (O Barco)

 

Segue no segundo posto da clasificación pero a menos distancia do terceiro. Na tarde deste domingo 21 de xaneiro o CD Córgomo Vilamartín perdía 2-3 en casa o partido da xornada 16 en segunda Galicia ante o Atlético Vilariño.

O disputado no Campiño de Viloira, coma sempre diante dunha gran afección, foi un partido duro, intenso e moi igualado no que eran os visitantes os primeiros en marcar avanzada a primeira parte (36′) cunha rápida reacción por parte do Córgomo que empataba co gol de Dani Real só dous minutos despois.

 

 

Co empate a uns chegaba o descanso e na segunda parte eran os valdeorreses os que se adiantaban co gol de Rubén Fernández no minuto 53. Igualado com o estaba o encontro o Atlético Vilariño empataba 2-2 no minuto 70 e dez despois, cando parecía que o reparto de puntos era o resultado final, Sergio transformaba un penalti que daba a vitoria aos visitantes.

A seguinte cita para os de David Pérez será no campo do Agro contra o CD Trives.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button