DeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín cae en casa ante o líder

Co 0-7 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 1 de abril co CD Maceda no Campiño de Viloira (O Barco)

 

A deste 1 de abril non foi a tarde do CD Córgomo Vilamartín. Tocáballe xogar en casa ante o líder, o CD Maceda, e os de Jesús Álvarez perdían 0-7.

Ás catro da tarde comezaba o partido no Campiño de Viloira e xa na primeira parte, os macedáns marcaban sen piedade seis goles ante un Córgomo apoiado coma sempre por numerosos seareiros que non daban crédito. Avanzada xa a segunda parte marcaban o sétimo.

 

 

Algún erro, un pouco de mala sorte e a superioridade do Maceda facían deste un partido para esquecer, non só polo resultado se non polo duro xogo exposto polo equipo visitante. “Deportividade cero, porque gañando como van non eran necesarias as faltas que están cometendo”, aseguraban dende a bancada. De feito o conxunto local tiña que cambiar ao gardameta tras sufrir unha dura entrada.

O CD Córgomo Vilamartín-CD Maceda foi un dos partidos adiantados da xornada 27 no grupo 3 de Segunda Autonómica. A seguinte cita para os valdeorreses, na recta final da liga, será no campo da Corga ante o Vilar de Barrio.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button