CD TrivesDeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

O CD Córgomo Vilamartín lévase o primeiro derbi da segunda volta, ante o CD Trives

Co 7-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 15 de xaneiro no Campiño de Viloira (O Barco)

 

Tralo parón navideño, na tarde deste domingo 15 de xaneiro retomábase a liga na Segunda Galicia para os equipos do oriente ourensán, con dous derbis: CD Viana-CD Rúa e CD Córgomo Vilamartín-CD Trives.

Os segundos eran os máis madrugadores, comezando o partido ás 16 horas no Campiño de Viloira, no Barco de Valdeorras. Un campo de herba sintética (no que xoga o conxunto de Vilamartín os partidos de casa mentres non rematen as obras no Bañadoiro) que se quedaba pequeno para acoller ás afeccións de ámbolos dous equipos, aínda que nesta ocasión eran os locais os que levaban a alegría coa vitoria 7-0 do seu equipo.

 

 

Pablo marcaba o primeiro gol da tarde no minuto 19 e rozando xa o final da primeira parte Daniel poñía o 2-0  no marcador. Tralo paso polo vestiario os triveses intentaron facerse co control do balón pero eran os do Córgomo os que seguían anotando. Pablo volvía marcar (no 67′ e no 85′) e tamén Daniel no 75′, completando o abultado resultado valdeorrés da tarde os goles de Borgas no minuto 68 e de Brais no 83′.

Con este resultado, abren ámbolos dous equipos a segunda volta da liga. O CD Córgomo Vilamartín de Jesús Álvarez sitúase no segundo posto da clasificación con 34 puntos e o CD Trives de David Pérez no décimo con 16.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button