DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín lidera a clasificación tras golear ao Molgas en Viloira (O Barco)

Co 9-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 12 de febreiro

 

Un partido máis e nova vitoria por goleada. O CD Córgomo Vilamartín segue sumando puntos tras vencer por un contundende 9-0 ao Molgas no Campiño de Viloira (O Barco).

O partido, disputado na soleada pero fría tarde deste sábado 12 de febreiro, reunía coma sempre a un bo número de afeccionados para ver ao equipo de Córgomo que se adiantaba no marcador cun gol de Borgas no minuto 14, deixando claras as súas intencións. E non parou ata demostralas. Na primeira parte Dani Real marcaba dous goles (no 17′ e no 40′) e tamén marcaba Jorge Guitián, chegando ao descanso co 5-0.

E tralo paso polo vestiario, máis do mesmo. Jorge Guitián volvía marcar no 54′ e seguía o recital de goles por parte dos locais. Brais marcaba no 67′ e tamén no 86′, íker no 75′ e Donovan no 81′.

Con este resultado os de Jesús Álvarez suman a vitoria número 14 situándose como líderes da clasificación trala derrota do CD Rúa 3-1 ante o Piñeira Seca. A seguinte cita será no campo do CD Bubal.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button