DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín remata a primeira volta da liga cunha contundente vitoria ante o CD Velle

Co 5-2 remataba o partido disputado no campo do Bañadoiro tralo parón navideño

 

Tralo parón navideño o CD Córgomo Vilamartín regresaba á competición na tarde deste domingo 12 de xaneiro, cun intenso partido no campo do Bañadoiro que resolvían cunha contundente vitoria, 5-2 ante o CD Velle.

Na xornada 17 do grupo 4 da Primeira Futgal, os rapaces de David Pérez saltaban ao terreo de xogo arroupados coma sempre pola animada afección, aínda que era o equipo rival quen se adiantaba no marcador cun gol nada máis comezar o encontro. A resposta dos locais non tardaba e no minuto 11 Brais Vidal poñía o 1-1. Empate co que chegaba o tempo de descanso.

 

 

Tralo paso polo vestiario os verdibrancos atacaban unha e outra vez e no minuto 52 Samu marcaba o segundo tanto local. Pouco despois, no 67′ Samu volvía anotar, seguido de Pablo Britez que marcaba no 85′ e no 87′. O 5-1 mantíñase case ata o final do partido, minuto 90′ cando o Velle anotaba o seu segundo gol.

Co 5-2 final o CD Córgomo Vilamartín remata de forma brillante a primeira volta da liga.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button