DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín suma un punto tralo empate co CD La Purísima

Con 2-2 remataba o partido disputado na tarde deste sábado no Campiño de Viloira (O Barco)

 

Dunha triple homenaxe por parte do CD Córgomo Vilamartín comezaba o partido ante o CD La Purísima disputado na tarde deste sábado 21 de outubro no Campiño de Viloira (O Barco).

O partido estaba adicado a Fonso e antes de comezar o partido o equipo vestía dúas camisetas diferentes, unha morada en apoio á Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín; e outra branca para dar ánimos a Álex lesionado hai unhas semanas e que se todo vai ben reincorporarase ao plantel no mes de xaneiro.

 

O CD Córgomo Vilamartín coa camiseta de ánimo a Álex./ Foto: Torfy.

 

Con respecto ao xogo, eran os ourensáns de La Purísima quenes se adiantaban no marcador cun temperán gol no minuto 16. A partir de aí o partido desenvolvíase con certa tensión e unhas decisións arbitrais moi criticadas pola afección local, chegando ao descanso co 0-1. Xa na segunda parte, Jairo empataba o encontro cun gol no minuto 50 e Rubén adiantaba aos verdibrancos cun gol no 87′. Pero rozando xa o desconto La Purísima poñía o 2-2 no marcador co conseguinte reparto de puntos.

 

O CD Córgomo Vilamartín coa camiseta da carreira valdeorresa contra o cancro de páncreas./ Foto: Torfy.

 

A seguinte cita para os rapaces de Davis Pérez será en Allariz contra o CD Raio Alaricano.

Fotos da galería: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button