DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín vence en casa ao Atlético Vilariño e sela o ascenso a primeira Galicia

 

A xornada deste sábado está sendo de celebración para o adestrador do CD Córgomo Vilamartín, David Pérez. Apenas unhas horas despois de celebrar a III edición da Xuntanza do seu anterior equipo, o CD Trives, o técnico valdeorrés celebraba no Barco o ascenso do seu actual club.

Na tarde deste 25 de maio o CD Córgomo Vilamartín selaba unha gran tempada vencendo na final da promoción de ascenso ao Atlético Vilariño por 5-3. Tralo 1-3 do partido de ida disputado no campo O Medo, os de David Pérez saltaban ao terreo de xogo no Campiño de Viloira (O Barco) coma sempre animados pola afección e dispostos a repetir a fazaña sendo Rubén quen abría o marcador co primeiro gol no minuto 2. No 28′ Daniel poñía o segundo e antes do descanso, no minuto 42 Pablo marcaba o terceiro.

 

Marcos Yáñez e David Pérez coas camisetas do ascenso./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

 

Tralo paso polo vestiario, no minuto 59 Manuel poñía o 4-0 no marcador e malia os tres goles visitantes, no 89′ Jonathan sentenciaba o encontro co 5-3.

Apenas tres anos despois da súa fundación, o CD Córgomo Vilamartín é xa un equipo de primeira Galicia.

Fotos cedidas.
Máis fotos:

O CD Córgomo Vilamartín celebra o ascenso no Barco

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button