O Pizarras Los Tres Cuñados FS está a piques de comezar a liga en Preferente, pero antes, como cada ano dende hai nove, disputaban un encontro amigable en recordo do seu “eterno 3”, Jess Carrera.
O partido, disputado na tarde deste domingo 6 de setembro no pavillón municipal de Calabagueiros trala homenaxe, enfrontaba ao conxunto valdeorrés cos seus amigos do CD La Bañeza Berarquei. Aínda que en días coma este o resultado é o de menos, o equipo leonés que compite na 3ª División gañaba por 3 goles a 8.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información, fotos e vídeo: