CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa abre a tempada en casa cunha derrota ante o ACD Cartelle

Co 1-4 remataba o partido da segunda xornada da liga disputado no Vicente Solarat Maceda

 

Sabían que ía ser complicado e de momento os resultados estanlle dando a razón. O CD Rúa estreábase na Primeira Galicia ante o Verín CF cun 5-3 no campo José Arjiz, e unha semana máis tarde, abrían a tempada na casa, no Vicente Solarat Maceda cunha nova derrota, destal volta 1-4 ante o Cartelle.

Na tarde deste domingo 17 de setembro os primeros minutos sobre o terreo de xogo eran de tanteo por parte de ambos equipos aínda que pronto comezaban a dominar a situación dos visitantes con varios ataques directos e o primeiro gol no minuto 17.

 

 

A partir de aí os de Javier Ferrer reaccinaban, protagonizando tamén algunha xogada perigosa que non chegaban a rematarpero que non acababan de rematar. Os do Cartelle pola contra seguían anotando, no 46′ e no 48′. Avanzada xa a segunda metade do encontro, no minuto 81, Rubén Darío recurtaba distancias poñendo o 1-3 no marcador pero só seis minutos despois o Cartelle sentenciaba o partido co 1-4 definitivo.

Con este resultado os amarelos sitúanse no fondo da clasificación. O seguinte partido será de novo en casa contra o CD Maceda.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button