CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa cae ante o Sp. Carballiño en cuartos de final da Copa Deputación

Co 2-3 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 4 de xuño no campo Vicente Solarat Maceda

 

Non pudo ser. Un día despois de que o Rúa Valdeorras Futsal volvese para casa coa súa segunda Copa Deputación de Fútbol Sala Feminino, o equipo sénior do CD Rúa disputaba no campo Vicente Solarat Maceda o partido de cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol ante o Sporting Carballiño, caendo 2-3 no fío do final do encontro.

Cunha boa entrada por parte de ambas afeccións o partido comezaba coa homenaxe ás rapazas do Rúa Valdeorras Futsal, sendo os visitantes quenes de adiantaban no marcador cun temperán gol que Álex empataba no minuto 7 ao transformar un penalti.

 

 

Co 1-1 no marcador chegaba o descanso, e tralo paso polo vestiario era Álex quen transformaba outro penalti poñendo o 2-1. Pouco duraba a alegría no banquiño local xa que tres minutos despois chegaba o empate e xa no fío do final, ante un máis que dubidoso penalti sinalado polo árbitro e criticado pola afección ruesa, o Carballiño sentenciaba o encontro do 2-3 final.

Con este resultado o Rúa queda eliminado desta XVII edición da Copa Deputación, rematando unha boa tempada na que quedaba campión de liga e ascendía a Primeira Galicia.

Fotos: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

 

Artigos relacionados

Back to top button