CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa cae en casa ante o CD Maceda

Co 0-4 remataba o partido da 3ª xornada da liga en Primeira Galicia disputado esta tarde no campo rues

 

Á terceira non foi a vencida. Nesta ocasión non se cumpriu o refrán e o CD Rúa tampouco na terceira xornada de liga en Primeira Galicia lograba sumar, perdendo en casa (0-4) contra o CD Maceda.

Nunha tarde inusualmente calurosa trala recente entrada do outono, os de Javi Ferrer saltaban ao terreo de xogo pouco motivados tralas dúas primeiras derrotas da tempada (5-3 no campo do Verín e 1-4 en casa contra o Cartelle) pero así e todo intentaban facerse co control do balón, sen éxito e con problemas para coordinar as xogadas.

 

 

De feito eran os visitantes os que se adiantaban no marcador cun temperán gol no minuto 12. Pouco antes do descanso, no 45′ os macedáns volvían marcar e tralo paso polo vestiario sentenciaban o encontro con outros dous goles case seguidos, nos minutos 48 e 50.

O CD Rúa-CD Maceda foi o único partido da xornada adiantado (o resto xogaranse mañá) e con este resultado os amarelos mantéñense no fondo da clasificación. O seguinte partido será de novo en casa, contra o CDC Santa Teresita.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button