CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Rúa golea ao Lobios no Vicente Solarat Maceda

Cun contundente 6-0 se resolvía o partido disputado na tarde deste 8 de decembro

 

Con contundencia. Así vencía o CD Rúa á UD Lobios no partido disputado na fría tarde deste domingo 8 de decembro no campo Vicente Solarat Maceda.

 

 

O partido poñíase pronto de cara para os rapaces de Heriberto Broco co primeiro gol, de Hugo, no minuto 11. Tamén na primeira parte, Pedro marcaba o segundo no minuto 23′, Azael o terceiro no 44′ e Lora o quinto no minuto 45 ao transformar un penalti.

 

 

Xa na segunda parte, no 57′ Hugo volvía marcar, poñendo o 5-0 no marcador mentres que Roberto sentenciaba o encontro transformando outro penalti no minuto 72 co que poñía o 6-0.

 

 

Con este resultado o CD Rúa suma a quinta vitoria no que vai de tempada, situándose no posto 12º. O seguinte partido será en Eiroás contra o Rayo 21 CF.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button