CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa golea ao Molgas en casa e ponse a tres puntos do líder

Co 9-2 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 16 de abril no Vicente Solarat Maceda

 

Con algo máis de media hora de retraso tralo accidente no que se via implicado o árbitro, comezaba no campo rues Vicente Solarat Maceda o partido de liga entre o CD Rúa e a ADF Molgas que se resolvía cun contundente 9-2.

Cunha boa entrada no campo nesta calurosa tarde, o Rúa de Javier Ferrer comezaba ben situado no campo e xa no primeiro minuto Samu marcaba o primeiro gol. Cinco minutos despois e tras dous erros defensivos os visitante empataban e poñíanse por diante no marcador con dous goles seguidos de Miguel, aínda que xa non volverían marcar, sucedéndose a partir dese momento os goles por parte do Rúa.

 

 

Especialmente acertado, Bruno marcaba cinco goles (no minnuto 14, no 41′, no 43′ de penalti, no 51′ e  no 73′ tamén de penalti); Samu volvía marcar noutras dúas ocasións (no minuto 16 e no 25′) e Eric tamén poñía o seu gran marcando no minuto 66.

Con este resultado o conxunto amarelo sitúase no terceiro posto a só tres puntos do líder o Piñeira Seca, a falta de tres xornadas para o final da liga. A seguinte cita será no campo de San Cibrao en Oímbra contra o Bubal.

Durante o encontro o Rúa aproveitou para vender camisetas do club, un dos medios de financiación cos que contan.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button