CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Rúa lévase o derbi xuvenil ante o CD Córgomo Vilamartín

Co 0-3 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 18 de novembro no campo Vicente Solarat Maceda

 

Aínda que xogaban no campo rues Vicente Solarat Maceda, no derbi xuvenil disputado na tarde deste sábado 18 de novembro eran os do CD Córgomo Vilamartín os que xogaban como locais ante un CD Rúa que os superaba por 0 goles a 3, todos na primeira parte do encontro.

 

 

Diante dunha gran afección e nunha espléndida e soleada tarde, eran os rueses os que se adiantaban no marcador co gol que marcaba Berto ao transformar un penalti no minuto 17. Apenas nove minutos despois, Rubén Darío poñía o 0-2 e rozando xa o final da primeira parte, no 43′, Azael marcaba o terceiro gol para os amarelos. O resultado xa non se movería tralo paso polo vestiario sumando os da Rúa os tres puntos do primeiro derbi xuvenil da tempada.

 

 

A seguinte cita para o CD Rúa será de novo en casa, desta volta como locais ante o Cented Academy mentres que o CD Córgomo Vilamartín viaxarán ata Quiroga.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button