CD RúaCD TrivesCD VianaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa lévase o triangular amigable ante o CD Trives e o CD Viana

 

A piques de comezar a liga 2023/2024 os equipos de fútbol afeccionado apuran a pretempada. No caso do CD Rúa, que empezará a tempada en Primeira Galicia o vindeiro 10 de setembro no campo do Verín CF, organizaba un triangular con equipos da zona (CD Viana e CD Trives) que se disputaba na tarde deste domingo día 3.

Inicialmente estaba previsto para as seis da tarde pero ante a previsión de chuvia decidían adiantalo unha hora e á 17 horas comezaba o primeiro partido da tarde (de 45 minutos de duración cada un) entre o CD Viana e o CD Trives que se levaban os  triveses grazas a un solitario gol de Coli.

 

 

Tralo descanso comezaba o segundo partido entre o CD Rúa e o CD Viana que se resolvía co empate a ceros; e de seguido o terceiro, entre o CD Rúa e o CD Trives que vencían os locais grazas ao gol de Bruno.

Con este resultado a tarde de fútbol no campo Vicente Solarat Maceda, con gran afluencia de público, resolvíase co CD Rúa 1º, CD Trives 2º e CD Viana 3º.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button