En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CD Rúa presenta, cunha gran festa, o seu primeiro álbum de cromos

 

Cunha gran festa no Centro Cultural Avenida. Así se presentaba na tarde deste venres 29 de novembro o primeiro álbum oficial do Club Deportivo Rúa. Unha colección de cromos na que non faltan fotos dos 142 xogadores e adestradores cos que conta o club actualmente, con cinco equipos de fútbol 11 e tres de fútbol 8, dende alevín ata xuvenil, que sae á rúa cunha oferta limitada de lanzamento (25 euros, 23 sobres sen repetidos).

 

 

No acto non faltaron xogadores, técnicos e directivos, sendo o concelleiro José Vicente Solarat o encargado de dar a noraboa aos xoves deportistas, facendo un pequeno percorrido polos logros do Club Deportivo Rúa que “gañou varios torneos, fundamentalmente Copas de Deputación, moitos torneos provinciais e ata un internacional, porque sendo modesto o Rua xogou en París e alí gañou”. Solarat lembrou as orixes do club co que “moitos que hoxen son os vosos pais e avós, xogaron contra xogadores míticos no campo do Aguillón (o actual parque do Aguillón) que se contruía 25 anos despois de iniciar o Rúa a súa andadura”.

 

 

Recoñeceu que nunca tivo tantos mozos e mozas facendo deporte. “Antes eramos 600 socios e hoxe case sodes máis xogadores e xogadoras que socios e iso é mérito dos directivos ao longo da historia, sendo un luxo que un equipo de segunda rexional e con tantos equipos base saque cromos”. Non se esqueceu do CD Extremadura que fixo a pretempada na Rúa hai xa unha década, comprometéndose dende o Concello a que “entre todos consigamos algo que merecemos, que o actual campo onde xogades teña un novo céspede” e facendo un guiño aos músicos. “Hai que facer un himno para poder entonar un estribillo alá onde vos vaiamos a ver”, dixo.

 

 

Como en toda festa que se precie non faltou a música, a cargo da xove banda local The Green Angels, nin o reparto dos álbumes entre os xogadores que subían aos escenario por equipos (benxamíns, alevíns, intantil, cadete e sénior ademais das Escolas Municipais) para recibir o seu, personalizado coa súa foto na portada.

O broche á celebración poñíao o tradicional magosto do CD Rúa xa no campo Vicente Solarat Maceda.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button